Xogar tamén é aprender

A mestra Iria González mostra nun obradoiro organizado pola Fundación Ingada o entrenamento das funcións executivas cos xogos de mesa

A mestra Iria González, con algúns dos xogos de mesa que empregan.

A mestra Iria González, con algúns dos xogos de mesa que empregan. / CEIP PLURINGÜE O SELLO

M. González

M. González

As funcións executivas son actividades mentais complexas, necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar, regularizar e avaliar o comportamento necesario para adaptarse eficazmente ó entorno e para acadar metas. Deste xeito, organización, anticipación, planificación, memoria de traballo, flexibilidade mental, autorregulación, inhibición e control da conduta son habilidades vencelladas a ditos procesos mentais.

A mestra de Educación Primaria Iria González emprega os xogos de mesa para entrenalas e hoxe imparte un obradoiro en Vigo no Grupo de Axuda Mutua organizado pola Fundación Ingada no Coworking Forma (de 11.30 a 13.00 horas). “A idea do obradoiro é partir da definición de TDAH do protocolo da Xunta de Galicia e ver como se relaciona coas funcións executivas”, expón.

“Tamén veremos a relación de todos estes conceptos cos xogos de mesa”, engade. Algo que ela descubriu cando empezou a preparar oposicións en 2017. “A miña preparadora falounos das funcións executivas e tamén asistín a unha charla de Jesús Guillén (investigador e profesor do posgrao de neuroeducación da Universidade de Barcelona e autor do blog: “Escuela con cerebro”), que tamén as explicaba e as relacionaba co xogo, apuntando que en contextos informais é máis sinxelo traballas”, indica a mestra do CEIP Pluringüe O Sello.

A mestra Iria González, xunto a algúns dos xogos que empregan.

Un grupo de alumnos, durante unha partida. / CEIP Plurilingüe O Sello

“A idea do Obradoiro é explicarlles isto ás familias para que tamén poidan adicarlle un tempo de calidade ós seus fillos e fillas e proporcionarlles este tipo de ocio”, propón. Entre as súas preferencias están “os xogos cooperativos”. “Sempre lles digo que é moi importante saber perder, pero tamén saber ganar. Traballamos tamén a empatía, a xestión das emocións...”, explica. “Hai xogos como o Hanabi moi axeitado para isto, porque é cooperativo, e teñen que traballar xuntos e ou perden todos ou gañan todos”, engade. “Para os máis pequenos tamén está, por exemplo, o “Pillado”, un xogo de pistas”.

“A idea é que as familias xoguen e facer esas situacións de aprendizaxe que tamén facemos no colexio (CEIP Pluringüe O Sello) e, unha vez que xogan, aprenden a identificar cales son as funcións executivas, saben identificar que xogo traballa a memoria, cal a toma de decisión, cal a planificación ou a flexibilidade cognitiva...”, subliña Iria González.

En 2021 Iria González fixo o curso sobre TDAH no Centro de Formación e Recursos de Vigo que imparte a Fundación Ingada e presentou un proxecto final no que explicaba como traballar as matemáticas co alumnado, no que incluía traballar coas emocións, o xogo ou usar metodoloxías activas, coma OAOA (método que emprega actividades e recursos máis manipulativos e didácticos). “O proxecto foi premiado e levouse a cabo no colexio no que estaba nese momento”, indica.

Algúns dos xogos que empregan no proxecto.

Algúns dos xogos que empregan no proxecto. / CEIP Plurilingüe O Sello

Eu levo dous anos sen ser titora, pero neste curso, no CEIP Pluringüe O Sello, estamos facendo un día á semana, dende a Biblioteca Escolar, uns obradoiros adicados ó xogo. Dividimos ós alumnos por grupos e teñen asignado un xogo. Durante a sesión, teñen que preparar o xogo, le-las instrucións e xogar”, engade. Os xogos selecciónanse previamente por trimestres e cada venres xogan a un diferente.

Todos participan na actividade. “Todos os nenos e nenas o teñen marcado no horario. É tamén unha oportunidade para que todos os alumnos compartan e se relacionen”. Entre os beneficios da actividade, Iria González destaca “a motivación, porque están traballando as funcións executivas, relacionándose entre eles, xestionando as emocións... De feito, con algún xogos están traballando o cálculo matemático, outros están máis enfocados á creatividade. A nós, de momento, parécenos que o sentimento é positivo.

Entre as súas recomendacións están o “Dixit”, “Abejitas zum zum”, “Bichos”, “Trek”, “Distraction”, dependendo das idades. “Son xogos que eu vexo en tendas especializadas e nas redes moitas contas, como a de María Couso, fan recomendacións. Ela, por exemplo, é una divulgadora e referente na defensa dos beneficios que proporcionan os xogos de mesa”.

Suscríbete para seguir leyendo