Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Palmou, un xurista no plenario do CCG

“A cultura é un elemento de singular identificación da nosa identidade e é misión do Consello da Cultura Galega promocionala e defendela”, indica o que fora conselleiro de Xustiza

Palmou (e.), xunto a Antonio López, no plenario do CCG. | // FDV

O plenario do Consello da Cultura Galega ven de anunciar a incorporación de Xesús Palmou (Rodeiro, 1949), en representación da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Un nomeamento que o xurista asume con “enorme honra”.

Palmou, que en 2010 recibiu a Medalla ao Mérito no servicio da Avogacía, foi, ademáis, conselleiro de Xustiza e Interior da Xunta de Galicia (en dous periodos: entre 1996 e 1999 e entre 2003 e 2005) e secretario xeral do PP de Galicia entre 1999 e 2006.

“Son membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación dende hai máis dunha década e, recentemente, incorporáronme á xunta directiva”, explica. “A raíz diso, e como a Real Academia de Xurisprudencia ten un representante permanente no Consello de Cultura, o seu órgano directivo considerou oportuno que me incorporara eu como membro do plenario en representación da RAG de Xurisprudenica e Lexislación e para min é unha enorme honra”, engade Palmou. “Estiven unha parte moi imporante da miña vida en contacto co mundo do Dereito, da Xustiza e, despóis, tamén na políticia, fun membro das ponencias que elaboraron as distintas leis do dereito civil de Galicia: no ámbito material e procesal. Polo tanto, é unha grande satisfacción poder incorporarme como membro do Consello da Cultura galega, onde lóxicamente desenvolverei a función que me encomenden, pero especialmente no ámbito xurídico e legal, posto que é a materia que máis coñezo”, adianta.

Esta é unha responsabilidade que asumo con moita honra

decoration

Califica Palmou como “unha gran responsabilidade”, como “xa dixen o día que tomei a posesión, que asumo con moita honra e á que adicarei o meu máis leal saber e entender”. Palmou substiúe a Domingo Bello Janeiro e, segundo a normativa da institución, no caso dos membros representativos son as institucións que conforman o plenario do CCG quen designan os seus representantes.

O xurista asume o seu nomeamento nun ano con importantes retos como a celebración do 40 aniversario da institución, no que se levará a cabo unha extensa programación que estará definida por una comisión formada por Ramón Villares, Xosé M. Núñez Seixas, Dolores Vilavedra, María Xosé Porteiro, Marcelino Fernández e Rosa Aneiros, e que se centra en tres puntos fundamentais: facer un repaso pola historia da institución en función das actividades, persoeiros ou fitos máis salientadas; a institucionalización da autonomía galega e o papel da cultura e da xestión cultural dentro desa evolución, e a reflexiónsobre o futuro do país a partir de sete temas centrais. Este foro chamarase Pensar o mundo desde Galicia, e, entre marzo e novembro, contará con especialistas recoñecidos en cada un deses ámbitos.

“Vai ser un ano moi activo de acordo con ese programa que se elaborou e prestarase unha especial atención á continuidade na internacionalización da cultura galega a través do Consello; ahí estaremos todos traballando”, subliña Palmou.

Así, falarase sobre intelixencia artificial, as sociedades multiculturais ou unha revisión dos modelos para unha economía de cultura. “Haberá membros con un especial coñecemento e adicación a eses temas, pero ahí estaremos todos traballando e poñendo ó día á institución en todos esos temas e facendo que cheguen a ciudadanía”, anunciou o novo membro do Consello da Cultura Galega.

“A cultura é un elemento de singular identificación da nosa identidade e é misión do Consello da Cultura Galega promocionala e defendela”. Palmou considera que coa pandemia, “como aconteceu en tódalas actividades, produciuse unha merma nas actividades programadas do CCG, pero xa estamos de volta, cunha programación en situación de absoluta normalidade”.

O orzamento da institución para o próximo ano é de 3.075.773 euros, 233.373 euros máis que en 2022, o que supón unha suba dun 8,2 %.

Compartir el artículo

stats