De marisquear na praia a ser protagonista da cita culinaria do mes en San Sebastián, Gastronómika
Un total de 25 produtoras e artesanas participaron na charla performativa da chef galega con estrela Michelin Lucía Freitas na cita de Donosti |Amosou minidocumentais de tarefas de artesanía en Galicia realizadas por Xisela Franco
San Sebastián convértese esta semana na capital da gastronomía en España da man de Gastronómika. Ata alí viaxou unha nutrida comitiva galega encabezada pola chef con Estrella Michelin Lucía Freitas (A Tafona e Lume) que presentou unha charla performativa titulada “Vangarda Primaria” dentro do proxecto “Amas da terra” e na que as protagonistas foron dende mariscadoras a percebeiras, ceramistas ou cesteiras.
Relacionadas
Nela, ofreceu unha conferencia ao tempo que presentaba minidocumentais elaborados polos vigueses Xisela Franco, David Hernández e Alex Penabade máis Toni Fernández.
Estas pezas audiovisuais foron amosando o traballo de diversas mulleres da artesanía e marisqueo galego que viaxaron ata alí como a cesteira Idoia Cuesta –que fai traballos para Loewe–, mariscadoras de Muros; a agricultora Pilar Álvarez, a viticultora Esther Teijeiro, a ceramista Laura Delgado ou a bióloga e produtora de leite fresco orgánico Ana Corredoira. Todas elas foron convidadas a San Sebastián e alí acudiron á chamada de Freitas amosando a súa ledicia por ter contado con elas para o proxecto. Por unhas horas, aparcaron os seus oficios para desfilar pola alfombra vermella.
Freitas convidou a Donostia a 25 mulleres que se subiron onte ao Kursaal para dar conta dun modo de facer que as conecta coa artesanía, coa terra e cunha gastronomía de ritmo lento e alta calidade.
A intervención de Freitas contou coa colaboración da Xunta da man de Artesanía de Galicia.
A Administración galega destaca que “Gastronomika 2022 é un dos eventos gastronómicos con maior relevancia, na que está previsto que participen 70 chefs ata o vindeiro mércores 5 de outubro. Esta 24 edición réndelle homenaxe á nova cociña do Reino Unido, co lema “United Kulinary”, en referencia tamén ás propostas gastronómicas que hai fóra da súa capital, así como á capacidade da gastronomía para unir culturas”.
Temas
Más en Sociedad
-
El TSJC respalda que la bulimia sea un motivo para otorgar la incapacidad laboral
-
Más cerca de Hollywood: el Gobierno suprime el límite del incentivo al cine en Canarias
-
Condenan a una aseguradora a pagar una indemnización de casi 13 millones por "negligencia médica" en un parto en Galicia
-
Doctor Lobo, el médico que enseña por toda España una técnica de cirugía ginecológica sin cicatrices: "Son resultados espectaculares"