Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El top de los científicos gallegos más citados

El primero es el compostelano Cibrán Santamarina, de Física de Partículas y científico en el Gran Colisionador de Hadrones | Ocupa el puesto 30 del listado español del CSIC

Científica en un laboratorio. Carlos Luján

Uno de los indicadores para conocer el peso de la ciencia o los científicos de un país o región es calibrar la importancia de sus investigaciones. Una de las vías es cuantificar la citación en textos científicos-académicos. Desde el CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, elaboran un listado de los científicos españoles más citados. En la actualidad, el gallego mejor situado es Cibrán Santamarina Ríos, profesor de Física de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) que investiga sobre el Gran Colisionador de Hadrones (LHCb).

Para una persona ajena al mundo académico o científico puede resultar raro que un físico y no una doctora aparezca en el primer lugar en los científicos gallegos más citados (lugar número 30 en los españoles).

Os físicos de partículas estamos frecuentemente nos primeiros postos, os que me anteceden ou veñen detrás son colegas desta área. Acontece que a física experimental de partículas organízase en colaboracións moi grandes. É dicir, publicamos moito e en grupos moi grandes. É unha vantaxe coa que xogamos”, aclara Santamarina. Efectivamente, el investigador gallego que más citas atesora es Alberto Ruiz Jimeno, del Instituto de Física de Cantabria.

Tras Santamarina, ¿cuáles son los gallegos más citados? A continuación ofrecemos una breve descripción.

Luis Manuel Liz-Marzán

Figura en el puesto 55 español. Este gallego que investiga en el CIC biomaGUNE del País Vasco es un experto en nanociencia y nanomateriales, es decir, en los materiales de dimensiones microscópicas. En su caso, este químico lucense presta especial atención a las compuestas por el oro y sus diferentes aplicaciones.

Thomas Dent

Este investigador distinguido de la Universidade de Santiago de Compostela –formado en Sussex y Oxford– investiga en la observación de las ondas gravitacionales. Ocupa el puesto 61 del ranking español.

Juan J. Saborido Silva

Justo en el número 62 nos encontramos a este científico, también de la Universidade de Compostela. Profesor de Física investiga también en el Gran Colisionador de Hadrones (LHCb).

Xavier Cid Vidal

Es uno de los más jóvenes de la lista y se suma al grupo de científicos de la entidad compostelana del Instituto Galego de Física de Altas Enerxías máis citados (puesto 69).Desde e año 2007, forma parte de la colaboración del experimento LHCb del CERN, European Organization for Nuclear Research, la organización europea para la investigación nuclear.

Felipe Casanueva

Es una eminencia mundial en obesidad y nutrición. Profesor emérito de la Universidade de Santiago, está adscrito a la Facultad de Medicina. Además es jefe de servicio de Endocrinología y Nutrición del Complejo Hospitalario de Santiago. Ha presidido varias sociedades científicas. Ocupa el puesto 71 del listado español.

Los siguientes que encontramos son Carlos Diéguez (puesto 83), Emilio Bouza Santiago (104), Carlos A. Salgado (128), María José Alonso (171) y Ángel Carracedo (175).

Cibrán Santamarina Ríos no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Xoán Álvarez

De xogar á canasta de neno a procurar a orixe do universo

Cibrán Santamarina Ríos, profesor de Física de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), o científico galego máis citado polo seu traballo, non soñaba de neno con ser astronauta nin físico. “Cando empecei a valorar se estudiar Física foi na Secundaria por un profesor que me deu un notable, que foi a mellor nota de toda a clase. Pensei que igual non era tan malo para iso”, comenta entre risos.

Estes proseguen cando lembra que realmente o que a el lle gustaba de neno era xogar ao fútbol e ao baloncesto. “De pequeno, non tiña claro que quería ser de maior. Vivín a miña vida, dedicábame a xogar ao fútbol e ao baloncesto sen pensar en nada máis. Non me ían mal os estudos pero desesperaba bastante a meus pais”, rememora.

 “Gústanme os números, gústame intentar entender a natureza e ao mellor, como son fillo de filólogos, por reacción, decidín facer algo que non tivera que ver co que facían meus pais”, engade este investigador que o único que pide desta entrevista é que se respecte que a fixo en idioma galego.

En canto á produción científica galega, reflexiona que “o tecido de I+D que hai na autonomía beneficiaríase se houbera máis recursos. Ás veces, pódese optimizar con estratexias. Podemos establecer un paralelismo co fútbol. Podes substituír unha política de fichaxes cunha boa canteira pero habitualmente o que funciona mellor é unha combinación das dúas. Os mellores equipos son os que teñen boas fichaxes e a máis boa canteira”.

Cun exemplo terreal, ao pé da herba de xogo, Santamarina explica que “o tecido de I+D de Galicia é como un Celta de Vigo. Intentamos manternos no medio da táboa e de vez en cando xogamos na UEFA para a veces vir a tempada mala e bordear o descenso”.

Puntualiza que “se queremos estar na Champions hai que facer un investimento moi grande. Galicia non está na Champions e España tampouco. Si hai algunhas autonomías máis preto da Liga de Campións ca nós pero está relacionado co nivel de investimento”.

“A nova Lei de Ciencia ten uns obxectivos modestos”

decoration

Neste punto, Santamarina Ríos abre unha reflexión sobre a Lei da Ciencia do Goberno estatal: “Ten uns obxectivos modestos para o Estado español, chegar a investir 1,2 do PIB de España en I+D cando países como Alemania están no 3% e a media europea, no 2%. Agora creo que estamos no 0,9%, polo que temos menos da metade do gasto medio da Unión Europea e menos dun tercio do que algunhas das potencias. A pesar diso, en Galicia temos unha produción científica razoable”.

“O I+D de Galicia é como un Celta de Vigo, intentamos manternos no medio da táboa e ás veces xogamos a UEFA”, opina Cibrán Santamarina

Ante a situación, non cre que só teñan culpa as administracións. “Na xestión, os políticos priorizan o que priorizan pero tamén os cidadáns demandan o que demandan, aínda que non quero entrar moito nesta cuestión”, demanda para matizar que “hai pequenos brotes verdes”.

Respecto á súa investigación actual, defende que o grupo da Universidade de Santiago é un dos máis grandes do LHCb (Gran Colisionador de Hadróns): “É o quinto ou sexto máis grande neste experimento de máis de mil persoas. Toma datos deste famoso colisionador de hadrones. Hai moitas cousas que se poden estudar en paralelo. Eu teño dúas liñas de investigación”.

“Galicia gasta en I+D menos dun tercio do que algunhas potencias”

decoration

Na primeira, miden a desintegración de partículas para comprobar se o modelo estándar se cumpre ou non. Na outra liña de análise de datos, estudan a natureza da materia nuclear. “A materia está feita de átomos e nestes hai núcleos atómicos [presentes tamén no corpo humano]. No LHC fanse colisionar partículas como protóns contra núcleos de chumbo. Así inténtase estudar a materia nuclear coa idea, no futuro, de estudar colisións de dous núcleos de chumbo. Cando fas isto, é como se chocaran dous autobuses, intentas recrear un pequeno Big Bang para saber como estaba a materia nos momentos iniciais da creación do universo. Son cousas complicadas que custa explicar para o gran público”, recoñece.

Compartir el artículo

stats