Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

'Removida' á escena catro décadas despois

Tanxugueiras, coa fusión de baile de Media Punta, Rompente e Presumido, estandartes de renovación "Cómpre que todo o talento da diáspora retorne e se recoñeza", defenden

Un momento de la actuación de Tanxugueiras // J. Lores

Sentimento, voces e pandeiretas na súa versión máis potente e ousada arrincaron a gala de man de Tanxugueiras. O grupo enfiado por Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío que evoca a esencia da música tradicional galega fusionouse para a ocasión con cinco bailarinas da Escola de danza viguesa Media Punta. Ese forte entrelazado supuxo a primeira das actuacións musicais que conectaron a escena contemporánea galega cos grandes referentes culturais da Movida.

Unha performance poética por parte do grupo Rompente -pioneiros nese eido hai corenta anos- a cargo de Antón Reixa, Manolo Romón, coa ausencia de Avendaño e a música de Julián Hernández, trouxo á palestra a tres referentes do panorama cultural vigués daqueles comezos dos anos 80 e finais dos 70. Era unha das máis agardadas e foi aplaudida. Os tres ataviados de negro, Reixa co seu habitual bastón e chapeu, recitaron versos extraídos daquela factoría de poesía vangardista. "De catro a catro décadas...", arrincaron nunha renovada homenaxe manuelantoniana. Nese recital performativo proferiron proclamas como "a fotocopia non é o motor da historia, a historia é naufragar".

16

Referentes de orgullo e inspiración

Despois chegou o turno da banda viguesa Presumido, encargada tamén das transicións da gala en directo e cuxo pop electrónico encheu o teatro contaxiando ao público, tras atreverse coa intrerpretación dun tema propio. ". A proposta que conforman Tarci Ávila e Nacho Dafonte editou recentemente "Inverno", o último dos catro EP que forman parte do traballo "Cuatro estaciones". Tamén musical, aínda que improvisada, foi a intervención dun dos premiados, Amancio Prada, que definiu a poesía como "semente antes que froito" e trouxo á lembranza colectiva versos musicais de Rosalía, entre outros.

Ao término do acto, a emotiva interpretación do himno galego, público en pé, correspondeu ao coro Vox Stellae. Tamén houbo espazo para o graffiti, por parte da autora baionesa, artista de arte urbano con sona internacional, Lula Goce, que asinou o mural de gran formato que presidía a escenografía do acto -e que será proximamente instalado nun espazo de Vigo-. Oito réplicas desa obra foron entregadas como premios. Renovación, reinterpretación e revolución para a tradición cultural (e musical) de Galicia.

Compartir el artículo

stats