Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tanxugueiras: "A nosa música é transgresora, empoderada e non ten medos nin complexos"

O trío galego actuará hoxe a partir das 22.00 horas no palco moañés

Integrantes da agrupación musical Tanxugueiras. // FDV

Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío son as tres integrantes do grupo musical que tocará hoxe no Festival Intercéltico. A naturalidade e espontaneidade son dous dos calificativos, que segundo elas, definen a Tanxugueiras. A agrupación de música galega leva uns anos compartindo o seu talento có resto do mundo, partipando en numerosos festivais. O ano pasado o seu disco foi galardoado polos premios MIN.

-Como xurdiu o seu grupo Tanxugueiras?

-Xorde de festa, coma todas as cousas boas. Montamos o grupo para tocar nas foliadas e ata o día de hoxe.

-Cal é o papel de cada unha das integrantes dentro da agrupación musical?

-Non hai papeis definidos, as tres creamos as pezas, arranxamos, producimos? Todo está consensuado e ningunha fai nada sen o consentimento de todas.

-A súa proposta musical é definida cunha infinidade de calificactivos pero, como a definen vostedes?

-Transgresora, empoderada, dinámica e, sobre todo, é unha proposta sen medos nin complexos pola nosa cultura e o noso idioma, o galego.

-Ata o momento, só hai un disco publicado. Hai plans para sacar á luz outro álbum a corto prazo?

-Estamos a traballar no que vai a ser o noso segundo disco. Cremos que vai a ser unha proposta arriscada, onde produciremos, arranxaremos e crearemos pezas novas. Vai a ser un traballo onde as percusións tradicionais e os nosos cantos serán o máis importante, adaptándonos claramente á música dos nosos tempos. Temos pensado presentalo en novembro e a verdade é un proxecto que nos motiva moito.

-Despois do Intercéltico, teñen previsto tocar noutros festivais?

-Polo momento temos confirmadas tres actuacións en festivais. O día 3 de agosto estaremos en Zas, o día 9 no Festival Internacional de Edimburgo e o 24 en Guísamo. O resto de citas aínda non as podemos confirmar. A medida que iamos concretando informaremos sobre elas.

-Dende a súa perspectiva como profesionais, pensan que a música tradicional galega está estendida na sociedade?

-Cremos que o pilar fundamental da música tradicional é o idioma, se o coidamos nos medios é moito mais fácil estender a nosa música na sociedade. De momento aínda hai moito traballo que facer, pero estamos vendo que cada vez chegamos a máis xente coa nosa música. Pero necesitamos un maior apoio das institucións e medios de comunicación.

-Como cren que é público que se achega á súa música?

-O noso público é moi variado, temos de todas as idades. A verdade e que temos moita sorte de que nos escoiten incluso xente que nunca se interesou pola música tradicional. Cremos que a clave está en darlle un toque dos nosos tempo a música tradicional.

-Que lles parece o cartel que logrou xuntar o Intercéltico para esta edición?

-Parécenos que hai grandes propostas e sobre todo encántanos enriquecernos de músicas doutros países.

-Este ano o festival musical conta cunha alta participación de grupos conformados unicamente por mulleres (catro de seis). Que lles parece este aumento da presenza feminina?

-Parécenos estupendo que se de visibilidade a grupos de mulleres e deixar claro que hai mulleres instrumentistas, produtoras, cantantes, percusionistas?A música non ten nada que ver có xénero, e moitas veces polo simple feito de ser muller xa se cre que é menos profesional. Festivais coma este dan visibilidade e oxalá moitos aprenderan. Desexamos que algún día este tipo de cousas deixen de ser noticia, porque iso significaría que estamos moi cerca de acadar a igualdade de verdade.

Compartir el artículo

stats