Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Non hai espellos nos manicomios" loita contra o estigma social con creatividade

Un proxecto multimedia sobre Antonio Tizón que dirixe e coordina Aser Álvarez aborda "a vida plena a pesar dunha enfermidade mental"

Portada de "Non hai espellos nos manicomios".

Da euforia á depresión profunda vive desde 1982, ano da primeira crise profunda, o escritor galego Antonio Tizón (Aranga, A Coruña, 1960), quen ten diagnosticado un trastorno bipolar e protagoniza o proxecto audiovisual "Non hai espellos nos manicomios". Trátase dunha obra multimedia arredor da súa historia de superación persoal. O seu exemplo vital contempla desde o electroshock -choque eléctrico- como tratamento, pasando por botar dous anos de na cama, ata lograr rematar a carreira que deixara interrompida pola enfermidade e continuar a súa serie de novela negra, publicada maiormente en Xerais ("A antesala luminosa" e "Un home estraño").

"É un canto á esperanza. É posible volver do pozo, do inferno", asegura o propio Tizón. A través da súa experiencia busca achegar ao espectador á realidade das persoas con problemas de saúde mental. Vídeo, fotografía, poesía e música unen forzas para narrar a obra que nace cunha dobre finalidade: artística e cultural e de sensibilización social.

O audiovisual foi dirixido por Aser Álvarez (Arraianos Producións), con banda sonora orixinal de Miro Casabella. A iniciativa xurdiu para dar saída a unha idea persoal de Tizón: "Xa levo varios anos con este proxecto, que é máis ambicioso". Álvarez considera fundamental contar esta historia para concienciar a sociedade en xeral e para que as persoas que padecen algunha enfermidade mental teñan "ese espello que non existe nos manicomios". "

"A enfermidade mental é un tema sobre o que aínda hoxe hai moitos prexuízos e estereotipos; que o vexan como un exemplo de superación fai sensibilizar á sociedade sobre este trastorno", engade Aser Álvarez, que considera que Tizón se "abre en canal en testemuños dunha honestidade brutal". É un reflexo que demostra que "se pode ter unha vida plena", para Álvarez. Coa idea de lanzar esa mensaxe positiva, o proxecto aúna unha parte documental, un poemario e interpretacións artísticas e musicais de Miro Casabella.

Compartir el artículo

stats