A Xunta de Galicia impulsará os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura o primeiro gran festival das artes e do emprendemento de Galicia, Audacia, un espazo de intercambio entre artistas e profesionais e procura darlle visibilidade ao valor e a utilidade das artes como actividade económica, e que terá entrada de balde.

Artistas de éxito, como Oliver Laxe, premiado en Cannes cun filme en galego; Daniel Canogar, un dos creadores españois de vangarda máis internacionais; ou Sonia Iglesias, que traballou con Tim Burton, compartirán as súas experiencias.

A eloxiada comedia musical "The Primitals" e unha actuación conxunta de Janet Novás con Mercedes Peón pecharán cada xornada do festival.