A serie da Televisión de Galicia (TVG) Ribeiras de Salitre visita hoxe (15.30 horas) o porto de Barallobre, no Concello de Fene (A Coruña), informou Producións Celta. Barallobre é un porto marisqueiro a flote e a pé que exercen 130 asociados á Confraría, cunha pequena incidencia de artes menores. As especies máis capturadas son, ameixa babosa, rubia e xapónica, marolo e ostra.

O programa dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón fala co patrón maior, Jorge López; Joam Ferreiro, biólogo con longa experiencia; con Antonio Vilar, un sabio do marisqueo; as mariscadoras a pé Rocío Carreiras, Irene Vázquez e Marisa Vázquez; Paula Otero, que traballa nunha cetaria de venda ao público, e os mariscadores Roberto e Carlos Vázquez.

No apartado musical, Xerfa, un grupo de musica tradicional, que fan música con moita personalidade.