Na nova entrega de "Hoxe con Manquiña" deste domingo (12 da noite, TVG), o actor vigués fala cun dos mellores no mundo da perruquería, o ourensán Javier Varela Alonso, coñecido como o "perruqueiro das estrelas". Criado en Piñor, Varela comezou peiteando as bonecas das súas irmás para despois traballar en barberías ata dar o salto a Roma e París. No Hotel Hussler de Roma comezou a peitear a figuras de primer nivel como Al Pacino ou Salma Hayek. Tamén ten traballado nas pasarelas xunto a nomes tan recoñecidos como Louis Vuitton ou Yves Saint Laurent.