Santiago Cortegoso gaña o Premio Álvaro Cunqueiro de teatro coa obra "Raclette"
O Manuel María de literatura dramática infantil foi para Antón Cortizas por "Xogando con gatos", mentres que Andrea Bayer e Xavier Lama gañaron os Barriga Verde
Vigo
Santiago Cortegoso, coa obra "Raclette" é o gañador do XXII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o máis lonxevo do seu ámbito en Galicia e un dos referentes da dramaturxia escrita en galego. Así mesmo, o VIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil, recaeu en Antón Cortizas por "Xogando con gatos" e o XI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques foi para "O lobo e a lúa", de Andrea Bayer, na categoría de teatro para rapaces; e para "Ela, piedade dos suicidas", de Xavier Lama, na modalidade para adultos.
Os nomes dos catro gañadores foron desvelados polo dramaturgo e director teatral Roberto Salgueiro, presidente do xurado desta edición 2014 dos galardóns de literatura dramática, que Cultura e Educación convoca a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). No acto estiveron os galardoados, excepto Andrea Bayer.
"O sistema literario galego sae reforzado en cada nova edición destes premios literarios", afirmou o secretario xeral, Anxo Lorenzo, que se referiu aos galardóns como "unha iniciativa de referencia na promoción e consolidación da nosa literatura dramática actual, arredor da cal se congregan numerosas propostas innovadoras e nomes que veñen expresando a súa forza como figuras destacadas da nosa creatividade". Lorenzo tamén se amosou convencido de que as obras gañadoras serán referentes na estética, na percepción e na concepción da literatura dramática, ao tempo que servirán de estímulo para o gusto do público lector e para abrir novas posibilidades de proxección escénica.
Pola súa banda, o director da Agadic, Jacobo Sutil, destacou que estes recoñecementos comparten como obxectivos incentivar a escrita teatral en Galicia "como xeito de enriquecer os escenarios con montaxes producidas a partir de propostas textuais galegas, orixinais e contemporáneas", e impulsar a súa posta en valor. Neste sentido, ademais dunha dotación económica de 6.000 euros para cada premio e modalidade, as bases contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas.
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- La Xunta suspende las clases y Galicia eleva a 3 el nivel de emergencia: cede al gobierno estatal la gestión de la crisis energética
- España, paralizada por un insólito apagón de luz de origen todavía desconocido
- Belleza perruna: estas son las 10 razas de perro más bonitas que existen
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- En directo | El Gobierno pide limitar desplazamientos y un uso responsable de las comunicaciones