Unha cita musical de luxo para conmemorar que temos unha lingua desde a que estar no mundo e homenaxear a Valentín Paz Andrade, ao que se adica hoxe o Día das Letras Galegas. Foi a proposta do Consello da Cultura Galega, que celebrou onte o segundo concerto das Letras no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Real Filharmonía, acompañada pola Coral Polifónica e o coro do Conservatorio Manuel Quiroga, pechou unha intensa xornada de ofrendas, concertos, debates e recitais cos que a cidade lembra a un dos seus fillos más senlleiros e festexa 50 anos do Día das Letras.

Unha intensa xornada de actos. A familia do autor homenaxeado foi a convidada de honra ao programa, que incluiu unha ofrenda floral no cemiterio de Lérez, onde repousan os restos deste xornalista, home de leis, poeta e empresario galeguista.

O seu fillo, o tamén empresario Alfonso Paz Andrade participou na ofrenda ante o panteón (encabezada polo secretario xeral do PSOE, Manuel Vázquez). Lembrou que o seu pai "levaba a Galicia na alma" e suliñou "a exemplaridade" da súa obra.