“O diseño do programa do Xacobeo tiña que axustarse á situación económica e social do noso país; o realismo tiña que estar presente en todo momento... Aínda así a nosa meta é traer a Galicia oito millóns de viaxeiros e ímos gastar uns sete millóns de euros na máis grande campaña de publicidade no exterior que se fixo nunca”. Eso afirmou onte o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na súa conferencia no Club FARO sobre “Cultura e Xacobeo 2010”.

O conselleiro, que foi presentado polo actor Manuel Prieto Comesaña,” Manquiña”, falou do Xacobeo pero tamén de cultura, do presente e do futuro e da proposta que, desde a Consellería, fáise para a nosa cultura e o noso turismo. “Penso que a cultura galega ofrece máis do que se pode soñar -dixo- pero o noso cometido na Consellería é, precisamente, o de facérmonos a pregunta contraria: Qué máis se pode soñar?”.

A permeabilidade e implementación das Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á cultura e ao turismo, é dicir, facilitar o acceso dixital creando un soporte infraestructural suficente, foi o primeiro tema que suliñou como unha aposta importante da política da Xunta.

“Comprometémonos a reforzar, apoiar, salvagardar, promocionar e difundir a nosa cultura -sinalou despois- e o facemos perante as máis de 26.000 persoas que en Galicia traballan no sector cultural. O seu traballo, o seu futuro e benestar garanten tamén a saúde do noso sistema cultural”.

Visibilidade

Sobre a política cultural da Xunta de Galicia, afirmou que ten como obxectivos claros “acadar o crecemento económico en base ás nosas industrias culturais, compartir, difundir e dotar de visibilidade a cultura galega até onde sexa posible e, todo isto, co máximo respecto a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.”

Roberto Varela dixo que o que se pretende, en resumo, é achegar a cultura galega a todas as persoas, vivan onde vivan, respectando a pluralidade da nosa sociedade e conservando, difundindo e acrecentando o noso acervo cultural, o noso idioma e as nosas industrias culturais. “A cultura -dixo- representa en Galicia un activo importante dentro do noso produto turístico.”

Uns 1.200 proxectos para o Xacobeo recibiu a Xunta, dos que o conselleiro se felicitou aínda que a maioría non puideran ser aprobados. “Pretendemos actuar -explicou- sobre o entorno social e apoiar proxectos que supoñan un retorno importante nos ámbitos da promoción e difusión cultural e das nosas industrias culturais locais, do turismo e, finalmente, do patrimonio histórico-artístico e a herdanza cultural inmaterial. Neste sentido, consideramos prioritarios os proxectos anovadores, de base tecnolóxica, multidisciplinares, comunicables e de carácter cultural, patrimonial ou turístico.”

Chegou o turno a língoa. “O galego é o gran patrimonio cultural de Galicia. Non se pode desligar o carácter das persoas, a vertebración das súas ideas e a realización das súas obras artísticas e culturais da lingua na que viven e se expresan.”

Falando de economía e cultura dixo que cómpre, antes de nada, lembrar un erro comunmente aceptado: considerar que a inversión en cultura resulta improdutiva. “Os recursos empregados na promoción e difusión da cultura -suliñou-, así como na conservación e posta en valor do patrimonio, de seren ben planificados e executados, son sempre unha inversión que ofrece rendibilidade social.”

E falou de Vigo. “Ademais da futura Biblioteca municipal de barrio na rúa Martínez Garrido, nestes últimos meses, desde a Consellería, apoiamos decididamente varias iniciativas e institucións que consideramos non só importantes para Vigo, senón para Galicia. Son os casos, da Feira de Arte Contemporáneo “Espacio Atlántico”, o MARCO ou o Museo do Mar”.

“Da confianza saber que naceu nas Rías Baixas”

Nunca mellor prese ntador puido ter o conferenciante para un tema tan denso como o Xacobeo que un actor de tanto humor como o vigués Manuel Prieto Comesaña, Manquiña, que comenzou explicando cómo él mesmo decidiu axustarse o cinturón pra vir a Vigo dende Santiago, seguindo a política que predica a Xunta: chamou á Consellería para que lle truxeran no coche do conselleiro e así aforrar cartos.

Manquiña comentou que era un factor de confianza que o conselleiro nacera nas Rías Baixas, “terra de homes despertos”, e comentou rindo que no viaxe cara a Vigo éste pasou todo o tempo respondendo a chamadas. “Eu sei que a política é unha especie de ponte que tes que cruzar todos os días e que ten debaixo, si caes, todo tipo de alimañas. E cóstame entender cómo un representante diplomático que vive en New York, que con todo o respeto para Galicia é New York, e pode tomarse cada mañán tranquiliño un cafelito, vénse a Galicia a gañar menos diñeiro nunha cousa tan traballosa e arriscada como a política. O conselleiro saberá porqué”.