Os candidatos á alcaldía de Poio polo PP, Ángel Moldes, e de Avante, Silvia Díaz, reuníronse na noite de onte. En declaracións previas, Moldes destacou os puntos en común dos programas dous partidos. "O Programa de Avante ten máis similitudes co programa do PP que co do PSOE ou do BNG", indicou Moldes.

"Aínda que moleste a moitas persoas, o domingo os veciños non votaron por ideoloxía, senon por unha rexeneración do Concello", afirmou o popular, que se referiu a que, como Avante, os populares fan énfase na necesidade de mellorar a transparencia e a participación cidadá.