A Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística organizan un acto conmemorativo das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Marín. Este acto celebrarase mañá venres ás 12.30 horas, no salón de actos da Casa do Concello.

Posteriormente e tras este acto solemne, no edificio dos xulgados situado na avenida de Ourense, descubrirase unha placa que deixará constancia deste feito histórico.

Ademais, os alcaldes do partido xudicial da bisbarra asinarán o documento "Declaración de Marín".

Está previsto que o acto conte coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o presidente de Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo Romero e os maxistrados Sandra Piñeiro Vilas e Xermán Varela Castejón, ademais da participación da alcaldesa de Marín, María Ramallo Vázquez.