"Os valores da cidade" e o tema elixido para pechar a Urbtopías, o foro que está a facer de Pontevedra o punto de encontro e reflexión sobre o futuro das cidades, "sobre o lugar onde queremos chegar". A cita é mañá xoves ás 19.00 horas no Sexto Edificio do Museo. A entrada e libre até completar o aforo.

A derradeira cita de Urbtopías comezará cunha conferencia de Joan Busquets, arquitecto urbanista, catedrático da Urban Planning and Design da Graduate School of Design da Universidade de Harvard a que seguirá un diálogo de Busquets con Anabel Gulías, concelleira de Urbanismo.

Arquitecto urbanista, catedrático da Urban Planning and Design da Graduate School of Design da Universidade de Harvard, até 2002 Busquets foi catedrático na Escola de Arquitectura de Barcelona, director de Urbanismo do Concello de Barcelona nos preparativos dos Xogos Olímpicos de 1992 e desde os anos 90 desenvolve proxectos urbanos en varias cidades europeas como Rotterdam, Toulouse, Toledo ou Lisboa.