A Taberna do Jazz sumarase este mes á celebración dun Slam Poetry, un innovador de xeito de entender a poesía a través dunha competición na que cada participante conta con 3 minutos para dramatizar o seu poema e na que o xurado, elexido entre o público, escolle ao gañador.

A inscripción para participar estará aberta ata o último minuto do día 20 de decembro, e o Slam Poetry terá lugar o 21, ás 21.00 horas na Taberna do Jazz.

Nesta competición, inspirada no boxeo, pode participar calquera persoa con dous textos propios escritos en lingua galega, segundo explica Tania Crego, coordinadora do evento xunto a Luis Sánchez Lareo, propietario da Taberna do Jazz.

A temática dos poemas será libre e os únicos elementos que poden intervir no recitado son o corpo e a voz, pero os participantes non poden recurrir en ningún caso nin á música nin a outro tipo de atrezo.

Por riguroso orde de inscripción (que se pode formalizar no propio local ou en atabernadojazz@gmail.com) cada participante irá saindo ao escenario e será o xurado quen puntúe a súa actuación, de 0 a 10. "No reconte eliminarase a nota máis alta e a máis baixa para obter unha media", explica Tania Crego.

Dunha primeira rolda sairán tres clasificados, que volverán recitar e co mesmo sistema de votación sairá a persoa gañadora.

"O Slam Poetry non é un recital de poesía convencional, nesta modalidad é moi importante enganchar ao público", explica Tania Crego.

E o gañador obterá unha cea para dúas persona no restaurante Loaira e un lote de libros poéticosda Librería Cinania. Co evento colaboran, ademáis das empresas citadas, Kairós, aulas de aprendizaxe e Artworkatwork!, empresa de deseño gráfico.