A Casa das Campás acolleu esta mañá a entrega de premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidad de Vigo 2018. Os principais galardonados en cada unha das categorías foron Noa Rodríguez, Francisco Javier Fernández e Manuel Arca, respectivamente. Así mesmo, tamén se premiaron a outros participantes con primeiros e segundos accésits.

O acto foi presidido polo reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Tamén estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; a filla de María Victoria Moreno, Begoña Llácer; e a docente do Departamento de Filoloxía Galega, Ana Acuña. Todos eles participaron no acto e adicaron palabras a ensalzar a labor dos estudantes e a figura da escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

A entrega de premios estivo amenizada polos regueifeiros Suso de Xornes e Josiño da Teixeira, que reivindicaron o papel deste xénero de cantigas en extinción e da lingua galega, xa que os que non a usan "non son intelixentes".