A programación cultural do Día das Letras continúa ao longo deste mes de maio. Así, mañá venres están programadas dúas actividades. Por outra banda, a presentación do libro "Galegocalantes e galegofalantes" coa presenza do autor, Carlos Callón, ás 20.00 horas no Museo Manuel Torres; así como o recital do grupo Añoranza a partir das 21.00 horas, cun repertorio a base de música galega tradicional e composicións propias.

As orixes do grupo Añoranza remóntanse ao ano 2000 cando un grupo de amigos pasou de amenizar as xuntanzas familiares a actuar nunha romaría. Outros músicos profesionais foron incorporándose á formación, que dende entón vén participando en festivais e programas de televisión, ata o lanzamento do seu primeiro disco, que contén pezas do folclore popular e cancións de nova creación. No acceso a esta última actividade, que forma parte do ciclo Pontegal, os socios do Ateneo achegarán una doazón de un euro; dous euros os non socios.