Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Ó Entroido de Pontevedra faltalle mordacidade... O Carnaval é transgresión"

-Que bota en falla no Entroido de Pontevedra?

-Sempre digo que no Entroido de Pontevedra, nas comparsas, que agora son grupos de samba con moita percusión, moito caldeiro, falta a crítica, faltalle a mordacidade, o que é realmente o Carnaval, que é transgresión. O Carnaval pontevedrés, contábame meu pai, antes da dictadura era unha cousa completamente diferente, nada que ver co de agora, e sí baixaban os labregos a celebrar o Entroido na vila, pero normalmente ían a provocar, ían con cousas ás veces escatolóxicas, por suposto sempre con expresións anticlericais, e os pontevedreses pasábano moi ben con estas cousas do Entroido. E sobre todo había moita crítica, por exemplo arredor do farmacéutico Perfecto Feijoo, do seu grupo, da botica e do loro Ravahcol organizabanse moitas cousas e nunca faltaba ese espírito transgresor, esa crítica que hoxe non se ve para nada, no desfile ou noutras festas do programa agora vese moita floritura e moita comparsa coma as de Río pero eu xa non distingo hoxe un desfile de Carnaval coas súas comparsas e as súas "garotas" dunha Batalla de Flores.

Compartir el artículo

stats