A Asociación Queremos Galego Marín organiza hoxe dentro da súa sección "Ser Lingua non é fácil" a presentación dos dous últimos traballos de investigación do filólogo, investigador e profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas. Celebrarase na Biblioteca Municipal, as 20 horas.

O primeiro dos libros "O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura)", é o resultado de vinte anos de visitas do autor á zona para recoller material que en forma de artigos debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona. A través das explicacións do autor, as persoas que asistan poderán coñecer os tres concellos que conforman o Val do Ellas, Valverde de Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello, os seus habitantes falan unha lingua de orixe galega.

O segundo dos libros, "Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega".