Guadi Galego actuará mañá no Teatro Principal; volve a Pontevedra tras recoller fai só uns días na cidade do Lérez o Premio Martín Códax na categoría de Canción de Autor. "Pontevedra é unha cidade que me encanta", sinala a artista, "e faime moi feliz tocar nesa cidade aínda que toco moi pouco, e de feito sempre teño a espiña de que como nos costa chegar ahí (risas) pero sempre disfruto moito dela".
-Presenta vostede "Luas de outubro e agosto", o seu segundo disco
-Ese repertorio de "Lúas de outubro e agosto" é o que básicamente verá o público do concerto en Pontevedra e a xira que levamos facendo neste ano é medio.
-É un disco pop?
-Si, diría que si, é un disco de autora con cancións de autora e un son un pouco máis global, tende máis ó pop que ó folk.
-Que trata nos seus temas?
-Este disco é un canto de amor ás mulleres e á liberdade.
-Necesitamos moito amor as mulleres: a última é que xulgarán a un que agardaba á súa ex noiva cunha escopeta e todo preparado para matala
-Non pode poñer o que penso deso da escopeta porque políticamente non sería moi correcto, pero que o que necesitamos as mulleres é respecto, unha sociedade realmente respectuosa que non existe e necesitamos que a nosa base social pase por unha educación que non teña que ver co machismo, pero non está a cousa fácil.
-Unha das súas cancións chámase "Matriarcas"
-Si, é unha canción de amor ás mulleres básicamente, das mulleres da miña vida, que son moitas, desde a miña nai á miña aboa, ás miñas amigas e á xente que me axudou a medrar como persoa.
-Cal foi o seu primeiro contacto coa música?
-Básicamente penso que foi como empeza todo o mundo, no seo familiar e no pobo, eu son de Cedeira, que é moi musical e con moitas formacións e, bueno, empezas a ter contacto con todo iso e vas evolucionando e tamén é por onde te vai levando un pouco a vida.
-Porque vostede ademáis de música é mestra
-Si, son mestra de Primaria.
-Son mundos compatibles? Son os seus alumnos unha boa inspiración?
-Básicamente é que a docencia é a vida máis real que hai, a vida real e a vida futura está nos nenos, entón ó final é o que nos mantén un pouco cos pés na terra, o que che gustaría a ti que fose o futuro que tiveran eses nenos e nenas, entón non somentes penso que son mundos compatibles senón totalmente complementarios.
-Tamén necesitamos quererlle máis os nenos, nós os galegos en extinción
-Xusto, en extinción, cada vez envellecemos máis e non haberá quen pague as pensións (risas). Necesitamos máis nenos pero porque son fonte de ilusión ademáis, se non hai nenos non queda nada polo que ilusionarse.
-Que e o que máis lle gusta da música: o contacto co público, o traballo de estudio, a composición?
-Depende do momento, é curioso, hai momentos nos que componer é un traballo moi fermoso, o estudio é o que menos me gusta porque é máis mecánico por decilo dalgún xeito, e o directo sempre é unha sorpresa, cada un é distinto, cada público é distinto e eso é o que fai que todos os directos sexan especiais, porque depende onde vaias e o público que atopes vas facer un directo cunha enerxía ou con outra.