Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fe González: "As miñas pezas están feitas con papel reutilizado de libros"

A xoieira participa por segunda vez na feira, tras colleitar un éxito na pasada edición

Fe González. // Rafa Vázquez

"É a segunda vez que participo no Culturgal", explica Fe González, unha das artesanas que conta con estand na feira das industrias culturais, un espazo que comparte o seu taller, Arela Defe, coa artesá Idoia Cuesta, que traballa con lás.

-Que balance fai do seu paso pola anterior edición da Feira das Industrias Culturais?

-Pois a verdade é que quedei moi contenta por como é a feira, que me gustou moito a temática e como está organizada, e tamén polos meus resultados.

-Resultoulle económicamente rendible?

-Si, quedei moi contenta do resultado económico e tamén porque sentinme moi arropada, traía esta colección (sinala algunhas pezas) que a verdade é que foi un éxito.

-Como fai estas pezas?

-Están feitas con papel reutilizado, de libros que non teñen saída, que non se poden vender en librarías porque teñen algún defecto ou fallos de imprenta.

-Son libros cedidos pola editorial Galaxia...

-Si, cédemos Galaxia e eu fixen con eles esta colección de pendentes de papel, dos que vendín moitos.

-Amplía este ano a colección?

-Si, traio os colares, é a primera vez, todas estas pezas de xoieiría están feitas con papel reutilizado de libros.

Compartir el artículo

stats