Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha gala histórica digna de ser escoitada

O alumnado do Illa de Ons elabora durante o confinamento podcasts sobre temas de historia contemporánea

Algúns dos alumnos de 4º de ESO do IES Illa de Ons que estaban nominados aos premios da gala. // FdV

A crise do coronavirus e as restriccións do estado de alarma durante as fases de desescalada non impediron que o IES Illa de Ons despedíse ao seu alumnado de 4º de ESO como se merecía. O próximo curso comezarán o bacharelato, cambiarán de centro -a maioría ao cercano Johan Carballeira- e desde o instituto quixeron brindarlles unha gala de despedida, aínda que fose de carácter telemático. O estudantado mantívose activo durante o confinamento grazas a un proxecto interdisciplinar denominado "Unha historia digna de escoitar", no cal se lles propuxo a elaboración dun podcast ou programa radiofónico baixo demanda en galego que abordase algún tema de historia contemporánea. Así, o evento de despedida serviu ademais para unha entrega virtual de galardóns aos mellores traballos realizados durante o confinamento.

A idea partiu dos profesores Diana Vilas e Enrique Pérez, dos departamentos de Historia e TIC do IES Illa de Ons. O alumnado aproveitou o periodo de confinamento para prepararse o seu propio podcast sobre algún asunto vencellado coa historia contemporánea. "Tiveron que acometer a busca e selección de información histórica na rede e en hemerotecas dixitais, a redacción dun guión propio, a produción, a gravación das voces das personaxes ou a edición do audio", explica Diana Vilas. Entre esas voces invitadas había familiares dos estudantes e mesmo algúns profesores.

EN DIRECTO

Coronavirus en Galicia: última hora

Sigue las noticias sobre la incidencia de la pandemia del Covid-19 en la comunidad

Os programas elaborados polos mozos profundizaron en asuntos históricos como Hannah Arendt e a banalidade do mal, a revolución de Mao Zedong na China, a "guerra das galaxias" durante a Guerra Fría, a construción do muro de Berlín, Gandhi e o concepto da resistencia pacífica ou as Guerrilla Girls...

O instituto decidiu organizar a modo de colofón unha gala, que para respectar os requisitos das autoridades sanitarias tivo que ser telemática. Foi unha forma de amosarlle "cariño e ánimo alumanado", amais de servir como unha entrega virtual de galardóns aos mellores traballos. Antía Novas Arribas gañou o premio ao mellor podcast por "A guerra das galaxias, unha película de Ronald Reagan"; a mellor adaptación histórica foi para Paula Fernández por "Mal inherente ou indiferenza?"; Sara Soliño recibiu a distinción ao mellor guión e interpretación por "Diario dunha guerra"; a mellor produción foiu para Marta Veleda por "Berlín 1961: sentimentos separados"; e houbo un premio especial do público, que foi para Jessica Soliño por "Batallitas na partida".

A gala telemática puido artellarse a través da ferramenta Meet e nela interviron algúns convidados especiais, como o actor e humorista Berto Romero, que na actualidade presenta xunto a Andreu Buenafuente "Nadie sabe nada" na cadena SER; o responsable do programa "Carne cruda", Javier Gallego; amais das actuacións musicais de Wöyza ou De Vacas.Todos felicitaron aos mozos polo seu traballo e animáronos a seguir formándose e a traballar "con espíritu crítico".

Os podcast elaborados polo alumnado pódense escoitar na plataforma Ivoox, mentras que en Youtube atópase o enlace a un video resumo da gala.

Compartir el artículo

stats