Unha ducia de asociacións de mulleres rurais de Vila de Cruces puxo en marcha a principios de mes unha campaña de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio. Son os colectivos de Bodaño; Camanzo; Carbia; Cumeiro; Fontao; Loño; Merza; Oirós; Piloño; Sabrexo; San Pedro e Toiriz. Ata o 25, quen queira pode deixar as súas donacións en caixas instaladas nos comercios de Merza, no local social de San Pedro, na panadería de Besexos, nas tabernas de Bodaño (só os domingos) e Oirós así comos nos supermercados Día, Martínez e Torres. Unha vez que a organización recolla todos os alimentos donados, entregarallos ao departamento de Servizos Sociais para que os distribúa entre as familias que poidan precisalos.