Antes de comezar coa sesión vermú e o xantar, que tivo lugar nunha carpa paralela ao ao recinto, produciuse a elección do home e a muller mellor vestidos de época. Este ano os gañadores foron Ylenia Varela Varela e Antonio Iglesias Souto. A comida comezou pasadas as 14:00 horas e estivo amenizada polo solista ourensán Marcos Pardo.

Pola tarde, a quinta edición da Ruada da Malla contou coa participación das cantareiras Maruxeira de Vilatuxe, as pandereteiras de Zobra, A Xariza de Parada e Ferreñas do Monte do Irixo, os grupos de gaitas Xermolo dá Carballeira de Cercio, Os Dezas de Moneixas e Os Trasnos de Doade, e os acordeóns de Vila de Cruces. Aínda que a actuación máis esperada foi o concerto do grupo A Roda, que contaba cunha gran expectación entre o público.

Remataba así, unha das edicións máis reinvicativas xa que os organizadores esperan conseguir que a Malla Tradicional sexa catalogada Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, acaban de poñer a venta un libro conmemorativo, para recordar en 300 imaxes os 20 anos desta tradición.