O colectivo de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, move as datas iniciais do seu concurso de tapas. TapECOS estaba previsto para s días do 27 ao 30 de xuño, pero finalmente terá lugar do 5 ao 12 de xullo. Desta maneira, o concurso comeza uns días antes das festas de verán de silleda (que arrancan o 11) e rematan na xornada da Festa do Lacón, a primeira das citas gastronómicas do verán no municipio.

A idea é contribuir a que acudan ao casco urbano veciños e turistas animados por probar as delicias dos 13 locais que participan neste certame. Os establecementos que participan son Pukará; A carballeira do Chousiño; A Bodeguilla; Pizzería Galega; Blúu Gastrobar; Bar Atly; Café-Ina; Debibián Café bar; Bodegón Esther; Ecohotel Nós; Hotel Via Argentum; Cuppedia Café e Papo's Bar. Tamén se quere dar a coñecer a restauración local e os reclamos turísticos do concello.

ECOS distribuirá entre os locais cartelería e cartillas de puntuación. Cada establecemento instalará unha urna paraque os clientes depositen eses cartóns coa puntuación. As persoas que degusten as tapas (a 1,80 euros) participarán en diversos sorteos.