Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Calvo Miguélez 'O Catano': "Eu non son ningún político, eu metínme nisto para poder axudar á xente"

"As contas, o primeiro que teñen que ser é claras porque o diñeiro é do pobo"

Luis Calvo Miguélez, onte, ante o consistorio de Agolada. // Bernabé/Ana Agra

O Partido Anticorrupción y Justicia (PAYJ), liderado polo seu fundador Luis Calvo Miguélez, coñecido como O Catano, foi o triunfador das pasadas eleccións municipais en Agolada. Tras presentarse por primeira vez, esta formación política conseguiu arrebatarlle o goberno a Ramiro Varela, do Partido Popular, que foi nomeado rexedor no ano 2005. O PAYJ gañou por maioría absoluta, conseguindo sete concelleiros, dos once que ten a corporación.

-Por que pensa que ganaron?

-Porque cando chegas a unha casa tes que ir con humildade e tratar a xente a toda por igual e ir sempre coa verdade por diante, porque podes enganar a unhas cantas persoas, pero a un pobo enteiro nunca.

-Cando notou que había a posibilidade de obter a vitoria?

-Sempre llo dixen a xente: desta vez ganamos porque non estou facendo política igual que os demais. Eles intentaron ocultar toda a información, algo que vin cando asistín aos plenos e nin poñían bandos e gobernaban a base de ter á xente desinformada.

-Supoño que á xente lles sorprendeu que levarades o programa baixo acta notarial.

-Efectivamente, porque iso nunca se viu. É moi fácil enganar con promesas falsas e en Agolada non se fixo nada. Fun ver as piscinas e e son un auténtico desastre, no colexio o director xa me tiña unha lista do que lles fai falta, recorrín as poucas empresas que temos en Agolada e dixéronme "aquí o outro alcalde nunca veu aquí para nada". Un alcalde o primeiro que ten que facer é tratar a todos por igual e coidar o que temos e intentar melloralo e a xente ten que saber o diñeiro que entra e en que foi investido.

-Pero contaba con maioría absoluta?

-Si porque o pobo estaba ferido, que xa non respiraba e tiña medo de falar. É moi triste chegar a unha casa e que che diga: "Luisiño voute votar, pero que non se enteren eles". Porque eles eran: ou estás con nós ou estás contra nós. E nós gobernaremos con humildade porque hai que tratar á xente con cariño, porque senón temos humildade, porque por moitos cartos que teñamos, somos pobres.

-Por que decidiu meterse en política?

-Eu non son ningún político, eu metínme nisto para poder axudar lle á xente. Eu non quero facer políticas, porque os políticos no din a verdade. Eu o que digo vouno a cumprir, por iso non me considero un político. Verás como xa están tremendo os doutros Concellos, sobre todo os caciques, que levan 45 anos noutros municipios, porque non é normal que unha persoa deposite un voto de confianza dentro dunha urna á forza. Iso non pode pasar nun país avanzado. As contas é o primeiro que teñen que ser claras porque o diñeiro é do pobo non é do político.

Compartir el artículo

stats