Por que está vostede en política?

Comecei un pouco de casualidade, pero co paso do tempo fun descubrindo esta vocación de servizo público. Ser parte protagonista da profunda transformación que está a experimentar A Estrada é un privilexio.

Por que deberían votalo os seus veciños?

Votarme, non; votarnos. Eu só son un compoñente máis dun equipo de persoas que levamos oito anos traballando arreo para seguir modernizando o noso concello.

Onde se ve vostede despois do 26-M?

Vou estar onde queiran os estradenses. Se me pregunta onde me gustaría estar, teño claro que onde estou agora.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Se temos a sorte de continuar gobernando, A Estrada seguirá a ser un referente para moitos concellos de Galicia e será un concello moi apetecible. Non teño ningunha dúbida.