17 de mayo de 2019
17.05.2019
TEST A LUIS CELSO TABOADA SÁNCHEZ - XUNTOS POLO NOSO CONCELLO

"Creo no lugar no que nacín e medrei; pódese crear un Concello vivo e activo"

"Somos unha plataforma de veciñas/os e o noso interese é exclusivamente o Concello"

17.05.2019 | 02:34
Impulso industrial | Seleccionei esta foto non porque me sinta identificado por este lugar, máis ben, pola urxencia e necesidade de impulsar o polígono, xa que ofrece posibilidades de traballo, prioritario para que Vila de Cruces siga latindo. É indispensable a existencia dun tecido de industrias que favoreza a creación de emprego e deteña o abandono do rural.

Por que está vostede en política?

Porque creo no lugar no que nacín e no que medrei. Considero que se pode reactivar e coidar o noso rural, crear un Concello participativo, vivo e activo, gobernar de forma máis eficaz, horizontal e transparente.

Por que deberían votalo os seus veciños?

Deberían valorar o programa e a forza do noso equipo. Somos unha plataforma de veciñas/os e o noso interese é exclusivamente o Concello e as persoas que o habitan. Queremos que Vila de Cruces teña vida, teña futuro!

Onde se vai vostede despois do 26-M?

Véxonos traballando, comezando a emprender e a darlle forma ao que agora se está xestando. É dicir, facendo realidade o noso programa.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

O futuro pasa por un equipo transparente, con ganas de traballar, que sinta Vila de Cruces, que trate de fomentar iniciativas por e para as súas veciñas/os. Que aposte por este Concello! Que nos sintamos orgullosos/as de pertencer a este lugar!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia