Pregunta. Por que está vostede en política?

Resposta. Todas as persoas estamos en política e aféctannos as decisións políticas. Podemos participar de xeito máis activo ou simplemente votando cada catro anos. Eu estou en política para axudar a mellorar a vida das veciñas e veciños. Dozón merece outras oportunidades e que se respete e trate a todo mundo por igual, sen descriminacións.

P. Por que deberían votala os seus veciños?

R. Para propiciar un cambio en positivo para a maioría social en Dozón e saír da parálise e rutina na que levamos máis de 30 anos pola política clientelar e caciquil do clan Campos.

P. Onde se ve vostede despois do 26-M?

R. En Dozón a disposición e axudando á toda veciñanza coma sempre fixen e na política local, se os veciños queren, alcaldesa de Dozón.

P. Por onde pasa o futuro do seu concello?

R. Máis ca futuro diría presente e agora xa toca! O noso equipo dará ese cambio de goberno que precisamos como auga de maio. Está nas mans de toda veciñanza.