A concelleira de Igualdade, María Jesús Sánchez, expresou hoxe a súa satisfacción polos resultados do informe de avalización elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela do último curso de verán de igualdade, organizado polo Concello de Lalín. Os enquisados resaltaron de maneira maioritaria o nivel de satisfacción global por esta iniciativa, que recibiu unha valoración de 4,73 puntos sobre 5. Ese nivel de satisfacción global, ademais, increméntase sobre o obtido na edición anterior, cando a puntuación se situar nun 4,5.

Na mesma liña, os usuarios valoraron cun 4,63 sobre 5 o grao de cumprimento do curso en relación ás súas expectativas. Boa mostra dos excelentes resultados acadadados constitúea o feito de que todos os enquisados aseguran que recomendarían este curso a outras persoas. Outro aspecto significativo, e demostrativo dos positivos resultados do curso vén dado por que os participantes valoraron cun 4,82 sobre 5 o bo dominio da materia dos relatores que impartiron charlas ou conferencias.

En liñas xerais, todos os parámetros do curso de verán 'Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0' melloraron con respecto ás edicións anteriores. A Concellería de Igualdade xa está a traballar na organización e desenvolvemento da vindeira edición.