23 de septiembre de 2018
23.09.2018

Unha marabillosa estampa co conxunto de Valiñas malia aos cables de suxeición

23.09.2018 | 03:44

| A parroquia estradense de Callobre tamén goza da súa sobreira singular. Neste caso, a árbore está ubicada dentro do recinto do pazo de Valiñas e a súa capela do San Benito, cos que forma un marabilloso conxunto natural e arquitectónico. Aínda que non presenta oquedades e o seu estado de conservación é aparentemente bo, a sobreira sí sufriu os efectos dun vendaval que deixou pegadas aínda visibles. As máis claras son os cables de suxeición que foi necesario colocar para evitar que se derrubase, uns materiais situados pola parte interior do conxunto, de xeito que a penas son perceptibles desde a parte frontal exterior e non rachan a bela estampa que forma esta árbore co seu entorno.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia