| O II Seminario de Apicultura Ecolóxica e Turismo posto en marcha polo Concello de Lalín e que este ano se celebrou na parroquia de Zobra desde o pasado xoves, clausurouse onte. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, foi o encargado de entregar os diplomas ao alumnado. "Acadamos ese obxectivo que nos marcabamos: potenciar o noso municipio como destino turístico poñendo en valor o seu patrimonio apícola e riqueza meleira", sinala o edil. O curso estivo dividido en catro bloques diferenciados e a novidade deste ano é que contou cun apartado temático relacionado coa biodiversidade e o medio ambiente. Abordáronse diversos temas.