O PSOE reclamou a limpeza urxente das zonas de arte rupestre do Concello de Cerdedo-Cotobade. "O noso Concello ten unha gran riqueza arqueolóxica que é importante poñer en valor e actualmente, debido á maleza existente, os petróglifos máis importantes (Laxe do Cuco, Portela da Cruz, Lombo da costa, Eira dos mouros, laxe dos Cerbos ou o Coto do rapadiño) son imposibles de apreciar.

"Son moitos visitantes que se achegan a San Xurxo e a Sacos pero que mostran o seu malestar pola situación na que se atopan", afirman os socialistas. "É moi importante que o Concello, mediante un arqueólogo, leve a cabo un proxecto de limpeza" de todas estas zonas.