A Asociación de Veciños da Cacharela programa unha nova edición do seu San Xoán para a noite do 23 de xuño. A celebración dará comezo ás 13:00 horas cunha misa no baixo de Lela. A cea será por conta dos asistentes e a música correrá a cargo de Pachi e Montse. Ademais, haberá hinchables e actividades para os cativos durante a tarde do mesmo día 23.

Aínda que cada un leva a súa comida, é preciso reservar espazo na mesa habilitada pola organización no medio da Avenida de Bos Aires. Os adultos pagan 5 euros e 3 os nenos de ata 12 anos de idade. O prazo para reservar permanecerá aberto ata o vindeiro martes, día 20, en Papelería Dalvi, Bar Polo, Panadería Balado e O Braseiro. A recadación será doada a organizacións non gubernamentais do municipio.