Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A presenza do xeólogo holandés Hilgen

A finais da década dos anos 1950 estivo nesta parroquia o xeólogo holandés Hilgen, recollendo información para a súa tese doutoral e, segundo manifestaron algúns veciños da aldea de Vilar, preguntoulles pola procedencia das pedras de varios valados das fincas de Tras das Labradas. Eses valados están feitos con pedras multiformes de dente de cabalo, unha rocha filoniana que aparece formando aliñamentos ou crestas que sobresaen no terreo e foron aproveitados para extracción de pedra para cerre de fincas, en sitios moi cercanos aos afloramentos rochosos. A contestación que lle deron os veciños, algún deles nacido a finais do século XIX, ao xeólogo holandés foi que aqueles valados xa levaban moito tempo construídos e non tiñan referencia de onde se sacaran as pedras, pero que debían proceder de lugares moi cercanos. Os filóns de pegmatita (dente de cabalo) que hai nesta parroquia aparecen mineralizados con pirita (ferro+xofre) e no Monte do Couto, xustamente no límite das parroquias de Soutolongo-Barcia, foron obxecto de prospección mineira, arredor dos anos 1954-55, na procura de wolframio e estaño. Outra observación que lle chamou moito a atención ao xeólogo holandés foi a planitude do monte das Chairas, localizado na parte alta da aldea de Vilar, entre O Coto do Campiño e o monte de Fontabulleiro. Nunha finca das Chairas cravou unha barra de aceiro, seguramente, para determinar a profundidade do solo ata chegar ao nivel de alteración das rochas.

Compartir el artículo

stats