16 de febrero de 2017
16.02.2017
Entroido 2017

Belén Guzmán: "Catro somos mulleres e a máis nova tén 12 anos"

"Os traxes antigos, que conservamos de recordo, eran máis longos e lucían unha cola por detrás"

16.02.2017 | 02:55
Belén Guzmán, en plena batalla. // Bernabé/Luismy

Dende o pasado sábado, día 11, ata o 5 de marzo celébranse en oito concellos bañados polo Ulla os tradicionais Atranques e Altos dos Xenerais, unha tradición de Entroido que se remonta ó século XIX e que téna súa orixe nos enfrontamentos do pobo contra Napoleón, pero tamén nas guerras carlistas e na revolución de 1846. Na comarca dezá, o Entroido da Ulla comeza esta fin de semana, cun acto en Silleda e outro en Vila de Cruces. O sábado, día 18, a parroquia de Lamela comeza á media tarde o seu desfile e posterior batalla dialéctica. O domingo a festa trasládase a Merza.

Belén Guzmán explica que o Entroido de Merza se remonta a 1920, segundo os escritos que conservan. Durante a Guerra Civil, igual que en Lamela, deixou de festexarse, e recuperouse despois. Desde entón, só houbo un ano, 1987, no que non se celebrou por falta xente que se encargase de organizalo. A participación da familia Guzmán no Entroido xa vén de vello, "pois lembro ver fotos de meu pai e de meu avó", conta esta xenerala.

-A personaxe máis importante, ou o que caracteriza o Entroido de Merza, é o Vello dos Cornos, que ademais dá nome á asociación que preside vostede. ¿Cándo se creou esta figura?

-Hóuboa dende sempre. É unha personaxe que non tén discurso, vai vestida cunha pel de ovella e cunha máscara de cortiza. Leva na man un pau e os cornos, que pesan entre cinco e seis quilos. O seu cometido e percorrer a rúa principal toda a tarde e meterse coa xente, levántandolle a saia ás mulleres, por exemplo. Pero no noso Entroido tamén contamos co Discurso dos Mouros, que van a cabalo dun burro e repasan o que ocorreu na aldea ó longo ao ano, o escribano, vestido cunha capa negra e que fai un resumo do que pasou a nivel de concello, e o frade, que se mete cun personaxe típico e tén un tono máis picantón. A ese personaxe típico préndeselle unha mecha e remata estoupando. En canto ós xenerais, facemos arengas a escala nacional ou galega.

-¿Co tempo foi aumentando o número de xenerais?

-A verdade é que fomos a máis, si. Agora somos oito xenerais con verso, pero dando vivas polas casas iremos doce. Este ano catro deses xenerais somos mulleres, e a máis nova, Alba, tén 12 anos. Nunca houbo ningún impedimento para que as mulleres fixésemos de distintas personaxes.

-¿Variou moito a vestimenta dos Xenerais?

-Nós mantemos os traxes antigos de recordo, e o certo é que os de antes eran máis longos e tiñan unha cola por detrás. Agora mesmo dispoñemos de 12 traxes, e non precisamos máis. Fáinolos un xastre da Estrada e requiren un mantemento periódico que, se se cumple, permiten que duren de por vida.

-¿A xente máis nova está involucrada no Entroido de Merza?

-A Asociación Cultural Vello dos Cornos púxose en marcha en 2005 precisamente para que esta tradición siga así, para que non se perda e cada ano se incorpore xente máis xove. O colectivo arrincou con Xosé Ramón Cillero como presidente, e eu formei parte da entidade xa neses tempos. Pasei a sustituir a Cillero fai catro anos. Agora mesmo, somos sete membros na asociación, dos que eu son a máis vella. A nosa intención é que se incorpore xente nova de forma progresiva, para ter sempre detrás como unha escola.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia