Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Mario Cortizo: "O obxectivo é salientar fóra das nosas fronteiras as xoias literarias que temos"

"É un luxo poder estar facendo a profesión no lugar das orixes"

Marcos Cortizo (esquerda), Federico Mosquera e Elena Tarrats conforman o grupo Gelria.

O músico Mario Cortizo, nado en Lalín, volve ao lugar das súas raíces para presentar o traballo Cantos de Poeta do grupo Gelria, do que forma parte. Este lalinense non sabe o que é vivir en terras dezás -donde sí o fai a súa familia-, pois dede moi pequeno partiu e viviu en lugares como A Coruña, Holanda e Barcelona, donde estudou a carreira de percusión na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), e donde agora está afincado. Considérase un freelance da percusión, pero un dos proxectos que ten entre mans é Gelria, un grupo musical que conforma con Elena Tarrats e Federico Mosquera que actuarán este sábado as 20.00 horas no Pazo de Liñares.

-De onde sae Gelria?

-Empezamos en Holanda. Eu estudei alí e coincidín con Federico que é o pianista. Somos amigos de toda a vida, e estando alí decidimos empezar este proxecto. O nome é un nome holandés, Gelria, que era o barco no que estivo embarcado Manuel Antonio.

-Por qué tendes tanta conexión entre o grupo e o pasado literario de Galicia?

-Entre o pasado e o presente, gústame decir, da literatura. Empezamos con Rosalía, chegamos ata Chus Pato e agora temos en mente novos proxectos de creación actual. Nós realmente somos músicos, non somos escritores e gústannos moitos os textos de literatura galega entón, por qué arriscarnos a escribir textos, algo que non sabemos facer, habendo estos tan bonitos. O noso obxectivo era levar fóra das nosas fronteiras para por en valor estas xoias que temos nós. Se pretendes facer un festival de poesía no estranxeiro con estes textos costa pola diferenzas lingüísticas, pero a través da música as cousas chegan moito máis fácil.

-Que contén 'Cantos de Poeta'?

-Cantos de Poeta, no seu formato libro, contén 14 cancións e inclúe textos dende o rexurdimento ata o contemporáneto. E a música que é o que nos gusta por en valor, é a música que cada poema pide. É decir, non é o mesmo un poema do século XIX que che pide unha música máis tradicional ca un poema como un de Chus Pato que facemos, que é contemporáneo con verso libre. Nós como músicos de formación clásica que somos, pero con inquietudes, pois imos bailando entre o tradicional, o jazz e o contemporáneo. No concerto atoparemos esas canción e outras sorpresas que faremos, con voces en off de textos de Manuel Rivas, por exemplo.

-Que supón presentar este traballo en Lalín?

-Por suposto, este concerto do sábado é un concerto especial, tamén polas datas, porque estou en moitos sitios diferentes en diversas épocas do ano pero no Nadal é ineludible non estar en Lalín. O día 24 ou o día 25 sempre estou aquí. Precisamente essa fin de semana faime especial ilusión por este ambiente de prenadal e que coincide que a miña familia vai a matar os porcos. Poder aproveitar e desfrutar de esta festa familiar antes e despois do concerto é un luxo ao igual que poder estar facendo a profesión no sitio das orixes.

Compartir el artículo

stats