28 de diciembre de 2011
28.12.2011

Lingua "made in UK"

O profesor agoladense Xaime Varela amosa no blog "Fala Londres" as actividades dos seus alumnos de galego no Instituto Español Cañada Blanch da capital británica

28.12.2011 | 09:26
Xaime Varela diante do logotipo creado polo deseñador gráfico de Nokia, Iván Mato. // Bernabé/Javier Lalín

Leva vivindo en Londres dende setembro do 2010 e é o posiudor da única praza de profesor de galego nun instituto español en todo o mundo. Xaime Varela imparte clases de lingua galega en Portobello Road, moi perto do emblemático restaurante Galicia da cidade do Támesis, e vive no barrio londinense máis cool, Notting Hill. Dende fai meses o seu blog "Fala Londres" funciona como "unha maneira de comunicarme non só por comunidade educativa senon tamén comunicarme coa comunidade interesada no tema do galego en Londres, unha cidade onde as veces é tan difícil a comunicación", explica Varela.

Xaime Varela traballa con rapaces de varias idades e todo empezou coa intención de que os pais visen o que os nenos de Primaria facían nas clases de galego. "Eu intento que a través do galego o alumnado de Primaria mellore a súa competencia dixital e aprenda a facer actividades on-line, e era unha maneira de que os pais visen todos os días que os seus fillos non só aprendían galego senon que adquirían unhas nocións mínimas de competencia dixital", indica este profesor nado en Agolada. O alumnado do Instituto Español Cañada Blanch de Londres é bastante heteroxéneo porque "hai alumnado galego de primeira xeración, alumnado de segunda xeración, netos de galegos, tamén os hai que a vinculación que teñen con Galicia son os avós, e hai outro alumnado que non ten nada que ver con Galicia". Varela imparte clases de galego dende primeiro da ESO ata segundo de Bacherelato en distintos grupos, e "Fala Londres" é o seu blog de referencia.
A dirección de internet galegoenlondres.blogspot.com xa ten a súa versión tanto no Twitter como en Facebook posto que "eu quería ofrecerlles algo distinto do que lle ofrecen outras materias optativas, e a min ocurréuseme a idea de que quizáis poidesen facer os deberes no Facebook; os rapaces da ESO xa están facendo as tarefas sinxellas que lles propoño cada semana no Facebook", lembra este agoladense de Vilariño que estes días está na casa familiar pasando as vacacións do Nadal. Xaime Varela disfruta este ano dunha praza de profesor de galego fruto dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación y Ciencia. A praza é prorrogable ata un máximo de cinco anos, e Varela dí que "de momento, só sei que vou estar alí ata o 31 de agosto próximo".
Logotipo novo
Unha das últimas referencias de "Fala Londres" ten que ver cun dos convidados por Xaime Varela a su actividade extraescolar. O deseñador gráfico coruñés da multinacional Nokia dirixiu un obradoiro cos rapaces do que xurdiu o novo logotipo do blog, que consiste nunha versión "galeguizante" do tradicional símbolo do metro londinense. O incremento de visitantes no blog e no Facebook dalle que pensar a Varela que "hai pouca porcentaxe de galegos que viven en Londres" e que pode haber un importante número de persoas doutras partes do mundo interesados na lingua galega.
Outras das actividades extraescolares propostas por Xaime Varela aos seus estudantes son as visitas guíadas. No blog pódese contemplar un powerpoint feito polos propios xóvenes con imáxenes da casa do escritor inglés Charles Dickens. "Este tipo de cousas son as que quero que vexan os pais dos nenos, que saiban cos seus fillos dende o galego son capaces de facer un powerpoint", suliña o profesor dezano que, tamén, destaca o feito de que ningunha das persoas que pasan pola súa aula cobran por facelo. "Non teño presuposto para nada e, polotanto, todo é de balde", recoñece Varela mentras repasa as derradeiras entradas feitas polos nenos no seu blog educativo. Unha das aportacións máis rechamante deste ano foi un diccionario de galenglish, "a manifestación de que as linguas cando están en contacto conflúen", asegura Xaime Varela.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia