09 de octubre de 2009
09.10.2009
Carla Fernández Couso - Nova pianista da JEMC de Baleares

"Barcelona é outro mundo para alguén que se adica á música"

"Non me esperaba que me escolleran en Palma de Mallorca"

08.10.2009 | 23:56
A lalinense Carla Fernández, nun recente concerto en Ripoll (Girona).

Acaba de ser escollida como pianista principal polo Jove Ensemble de Música Contemporània de les Illes Balears. A filla do político lalinense Cristóbal Fernández leva cinco anos vivindo en Barcelona e pensa en adicarse á música de xeito profesional.

–Que significa conseguir un posto como o da formación balear de música contemporánea?

–Non me esperaba que me escolleran en Palma de Mallorca. Fun por presentarme, eramos nove na de pianista e tiven a sorte de ser escollida. Seguirei adicándome ao ensino, pero isto é outra saída profesional na que podo aprender moito.

–Non debe ser doado vivir da música en tempos de crise...

–Xa tocar en sitios de Barcelona é moi complicado se non tes enchufe (risas). Por iso traballo en escolas de música para poder vivir nunha cidade tan cara coma esta.

–O panorama musical da cidade condal supoño que non tén nada que ver con Lalín ou Vigo...

–Barcelona é outro mundo para alguén que se adique á música. Vin aquí porque en Vigo non había praza e foi o mellor que me puido pasar. De momento, non penso en regresar a Lalín, porque sería volver atrás.

–Si, porque agora terá que viaxar moito coa súa nova agrupación musical, ou non?

–Hai previstos concertos en Holanda e Bélxica que aínda non están pechados. De momento, as que están confirmadas son varias actuacións por Mallorca. Tocaremos música contemporánea, que é un campo novo para min porque teño unha formación clásica.

–Cómo vai facer coas viaxes ao arquipélago?

–Págannos todo, vóos e estancias. Xa teño ganas de poder tocar con eles porque o primordial dun posto como o meu é tentar aprender de todos os músicos cos que vou traballar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine