14 de diciembre de 2008
14.12.2008
40 Años

A Solaina forxa o seu futuro a carón dos nenos

A "Xuntanza" citou onte a 150 persoas

14.12.2008 | 01:00

A Xuntanza de Forxadores de Piloño comezou onte na súa sé da parroquia cruceña de Piloño dun xeito especial. Logo de dezaoito anos, o impulsor da fundación casa museo local, Paco Lareo, non andaba como é habitual uns minutos antes pola eira da Solaina. O artista viaxou hai uns días a Venezuela para, como dixo onte a súa irmá Carme "renovar ideas e cargar as pilas", polo que as referencias hacia a súa persoa foron inevitables. Aínda que Paco tén previsto retornar ás terras de Carbia a primeiros de ano, a xuntanza de onte foi un tanto diferente ás dos últimos anos.
A ausencia temporal do alma mater da Solaina, xunto a outros artistas como Paío ou Armindo Salgueiro non impedíu que o recinto cultural se ateigase de creadores, veciños e amigos que valoran o trabajo que se fai desde esta fundación artística enclavada nunha modesta aldea do interior do rural galego. Así, ademais dos xa citados, acudiron, entre outros, a pintora lalinense Ana Dobarro ou a creadora Lucia Dubra, compostelá aínda que con raíces en terras cruceñas. Onte foi Carme Lareo a que exerceu de anfitriona e recibeu tamén aos moitos nenos que se achegaron ata Piloño. Boa parte deles participan nos distintos obradoiros que se convocan alí; algo co que se pretende alentar aos novos valores que deberán manter esta xa clásica institución dezá. Por iso foron moitos os pequenos que participaron en case que todo o programa de actividades que comezou, despois das palabras de benvida de Carme Lareo e do alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, coa actuación da coral cruceña Voces da Terra que arrancou numerosos aplausos entre os presentes. A formación cantou entre outros temas pezas clásicas como "O loureiro verde" e unha selección de cantigas tradicionais galegas.
Sorteo
Logo, e tamén como é habitual fíxose o sorteo dunha obra de arte que neste caso era do artista lalinense Wily e que doara a súa familia. O veciño de Piloño Suso Toubes, un dos forxadores, levou o cadro do apreciado creador natural de Botos. Cando o frío comezaba a ser máis intenso e a chuvia caía con máis forza, algúns dos presentes prenderon un "pipote" de Carburo para, ao carón do lume seguir cos actos previstos. Éstes remataron con un convite de filloas á pedra e chourizos que elaboraron Xosé Molina e Carme Lareo para o máis do cento de presentes e que se degustaron en poucos minutos, xa cando a noite caía sobre a eira da Solaina e despois de varias horas de reunión, nas que o público aproveitou a ocasión para intercambiar impresións sobre as últimas iniciativas desta entidade que mantén a súa actividade ao longo do ano con outras propostas artísticas de ámbito internacional.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine