Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"O dos árbitros caseiros é unha lenda"

-Quéixanse os rivais que, antes da ponte, os árbitros pecaban de moi caseiros na Arousa

-(Risas). Esa é unha lenda negra que sempre se nos botou encima, pero non ten moito de certo. Foi máis forte cando se xogaba na Bouza e os árbitros atracaban no barco, ou no Xufre ou no Cabodeiro. Desde eses dous puntos acudían ao campo andando, e logo tiñan que volver, atravesando toda a vila. Eran épocas de grandes rivalidades, e si, ten habido algún que outro follón, pero non máis que noutros sitios do continente nun deporte de masas que se vive de forma tan intensa como é o fútbol.

-Hai exxogadores do Céltiga que din que era imposible que fosen caseiros porque despois volvían na motora co equipo contrario.

-Pois sí, iban de volta todos xuntos, así que o dos árbitros non deixa de ser unha lenda negra soportada sobre algún caso moi puntual que puido ter ocurrido. De feito, ao Céltiga pasoulle unha anécdota dese estilo en Catoira, equipo co que había unha grande rivalidade. Aquel día asubiaba un árbitro de Padrón que foi tomando decisións que caldearon demasiado o ambiente para os locais. O home, nun momento dado, observou como se achegaba o tren á estación de Catoira, que estaba cerca do campo, pitou o final, e botou a correr, subiu ao tren e fuxiu. A acta acabaríaa redactando na casa.

Compartir el artículo

stats