Xacobe Medina presenta no Museo un libro sobre a normativización da lingua galega

REDACCIÓN

O Museo de Pontevedra, acolle o vindeiro venres 1 de marzo, ás 19.30 horas, a presentación do libro “Breve historia da normativización do galego (A verdade tras o Decreto Filgueira)”, da autoría de Xacobe Medina Dacasa e publicado por Edicións Fervenza.

Na obra Medina recompila como se foi reconstruindo o galego e o labor dos seus artífices despois do silencio e desprezo oficial de séculos.

Acompañarán ao autor a escritora e prologuista do libro, Fina Casalderrey; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez. Para pechar o acto, Xacobe Medina ofrecerá unha actuación musical para os presentes.