O Concello de Poio indica que as obras municipais no Camiño Real concluirán “nás vindeiras dadas”

O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás, supervisou eonte, acompañado polo titular de Urbanismo Gregorio Agís, o avance experimentado na actuación que o Concello está a acometer no Camiño Real, entre os lugares da Bouza e Urxeira, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e a renovación de servizos básicos. Trátase dun proxecto financiado con fondos correspondentes ao Plan Marco da Xunta de Galicia na convocatoria de 2022. Se as condición meteorolóxicas o permiten, as obras concluirán nas vindeiras datas.