Ben Veñas Maio celebra 30 anos promovendo o galego

Alberto Oubiña e Begoña Davila presentaron o certame.   | // FDV

Alberto Oubiña e Begoña Davila presentaron o certame. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O certame Ben Veñas Maio celebra o seu 30 aniversario promovendo o uso do galego entre o alumnado de Pontevedra. Na súa nova edición propón ata sete concursos distintos, con propostas que van desde o uso das novas tecnoloxías até a escritura de relatos cursos, música ou poesía.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e a profesora de Lingua e Literatura galegas e coordinadora do Ben Veñas Maio, Begoña Davila, presentaron a nova entrega deste certame que é un dos máis lonxevos no referido á dinamización da lingua dentro da Boa Vila. O pasado ano, lembrou o edil, introduciu vídeos de Tik Tok e Reels, e neste 2023 “aspiramos a medrar en participación” despois de recuperar a normalidade postpandemia, sinalou.