Un obradoiro de “babyshoes” cierra el programa “Cóllelle o Gusto”

REDACCIÓN

Logo da súa estrea hai algo máis dun ano, no outono de 2021, o programa “Cóllelle o gusto”, organizado pola Concellería de Benestar Social e Mocidade, chegará á súa conclusión neste mes de decembro. A súa derradeira actividade e o venres Trátase do taller de “babyshoes”, a través do cal daranse pautas para a elaboración de calzado para bebés. É un obradoiro gratuíto, materiais de uso incluídos. A clase desenvolverase na Casa Rosada desde as 17.00 horas. Aínda queda algunha praza libre e as inscricións e a resolución de dúbidas sobre a actividade pódense xestionar chamando ao número de teléfono 986872401.

A falta desta última iniciativa, o balanzo que realiza a concelleira Rosa Fernández do programa é moi positivo. “En liñas xerais, todas estas actividades tiveron unha participación importante, polo que cumprimos co obxectivo de fomentar novas afeccións artesanais entre a veciñanza”.