O vindeiro martes, ás 20.00 horas terá lugar a sesión constitutiva do Consello de Participación Veciñal, un órgano de participación que aspira a consolidarse como “unha canle directa de comunicación e colaboración entre a Administración local e os colectivos veciñais de Poio, facilitando o intercambio de información”, como apunta a Concelleira de Participación Veciñal Silva Díaz. Poio recupera, deste xeito, un órgano que estivo operativo por última vez hai preto de 15 anos.