A vila de Marín acolle hoxe venres e mañán sábado o evento “Marín está de Moda”, unha iniciativa que comeza as 21.00 horas e ten por obxectivo promocionar e dinamizar a oferta comercial do municipio, coa organización dun desfile de moda e complementos dos establecementos locais, que presentarán as mellores propostas da tempada.

Participarán no desfile Acolá, Carmencitas, Mercería Loli, Nayma, Paíno&Maína, Triskel, Alma Libre, Jade e Bollere Moda. Ao rematar estas xornadas, haberá actuacións en directo dos grupos musicales “Algo Pasa con Mery” e “Gran Garaje”.