O Pazo Provincial foi escenario onte do acto institucional celebrado pola Deputación para festexar o Día das Letras. A deputada de Lingua e Memoria María Ortega, reivindicou a Florencio Delgado Gurriarán como exemplo da loita polo país e a lingua e “semente de novos proxectos para facer agromar a Galiza infinda que tan ben contou”. No encontro abordouse a súa figura dende a música, a banda deseñada, a investigación, a crítica literaria e a tradución da man da cantautora Sheila Patricia, o ilustrador Kiko da Silva, o biógrafo Ricardo Gurriarán, o profesor Miro Villar, e a escritora e tradutora Tamara Andrés.